26.11.16

LUZ NA ESCURIDADE (5º E.I)

Estamos intentando superar uns dos nosos últimos medos, o medo a escuridade, e para iso vimos un conto moi chulo, El buho que tenía miedo a la oscuridad, onde explica que se nunca estivera oscuro non poderíamos ver os fogos artificiais, a lúa, as estrelas...




E nos quixemos converter a escuridade en fermosa facendo uns murais moi coloridos.















Ademais tamén fixemos unha actividade plástica para comprobar que a escuridade pode ser divertida. Pintamos cunha cera negra un cuartilla de cartulina, pero tiña que estar toda toda negra, despois fixemos un debuxo picando a cartulina cun punzón, para finalmente ver os nosos debuxos coa luz do retroproxector.




Para rematar estivemos divertíndonos facendo sombras na pantalla. Podedes ver todas as fotos deste traballo premendo no seguinte enlace: Luz negra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario