19.10.16

Bailando por miedo de PAUL KLEE (5ª E.I.)



Onte chegou a clase este cadro misterioso que non sabíamos nada del. Primeiro estivemos observándolo para descifrar se eran persoas que estaban correndo, bailando... Despois imitamos a posición das figuras tanto coa luz encendida como coa luz apagada para ver cales eran as nosas sensacións.













 Descubrimos que nesa postura o que facíamos era bailar e despois con música de medo xa supemos que no cadro estaban bailando por medo, sendo así o título de dito cadro. Finalmente, fixemos as nosas propias produccións imitando a PAUL KLEE.


O resumo de toda a sesión e de todos os traballos o tedes premendo no seguinte enlace: Bailando por miedo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario