17.3.16

BÚSQUEDA DO TESOURO (6º E.I.)

Estas semanas estivemos traballando os mapas, buscamos o camiño que fixemos para ir o Museo de Belas Artes de Coruña, traballamos o mapa da Coruña situando diferentes lugares como a Torre de Hércules, a praia, o estadio... Despois estivemos situando o municipio de Malpica e, finalmente, a rúa onde vive cada un. Ademais estudiamos diferentes mapas do mundo como o de Londres, Florencia, Bilbao, Santader...




Despois de ver tantos mapas xa estábamos preparados para unha búsqueda de tesouro e para iso fíxenos unha visita un pirata, que nos indicou que tiñamos que seguir as distintas pistas e facer un puzle ao final que indicaríanos onde escondeu o tesouro. Pasamos moitos nervios e finalmente o encontramos en psicomotricidade, un lote de cousas de dinosaurios que serviranos para iniciar o proxecto no terceiro trimestre.


No hay comentarios:

Publicar un comentario