11.1.15

UN AGASALLO POR REIS

Xa estamos de volta na clase das curuxas, tendo unha gran sorpresa cando chegamos a clase e é que os Reis Magos deixárannos un agasallo. Estivemos a deducir que poderían ser naquela caixa tan pequena... e resultou ser un elefante, pero non un elefante calquera.













Todos quixemos ver de preto aquel elefante e comprobar que cousas diferentes tiña.




Chegamos á conclusión de que non era un elefante como os que había nos zoos de España, así que empezamos falar de que sitios poderían ser e estes foron os resultados.


Finalmente comprobamos en Internet como eran os elefantes destes lugares e ningún coincidía, así que cun pouco de axuda atopamos que era un elefante da India.


E agora queremos coñecer máis sobre este elefante e sobre o país onde viven, India, por iso unha vez máis pido colaboración ás familias para que manden toda a información que teñan sobre a India ou obxectos que poidan estar relacionados con este país. Como sempre moitas grazas de antemán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario