O xoves estivemos de celebración, pois Adrián foi o
protagonista toda a semana. O seu cumpreanos xa foi o 30 de setembro, aínda así
tiña que ter a súa propia semana, e foi a pasada. Pamela visitounos e contou a
historia de Adrián, ademáis cantounos e fixemos que íamos nunha moto, nunha
Onda como a de Marc Márquez. Comemos bizcoito e chocolate e ademáis fixemos
entre todos a coroa que levou Adri para casa. Rematamos poñendo música e
bailando. Gracias!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario