23.12.14
22.12.14
21.12.14
PROXECTO DAS CURUXAS (5º E.I.)
Neste primero trimestre realizamos o proxecto das curuxas, aquí recollo un pequeno resumo dalgunhas das actividades que fixemos para aprender máis sobre este tema.
20.12.14
NADAL EN 3 ANOS (4º E.I.)
Resumo do Nadal na aula de 3 anos. Espero que vos guste e Felices Festas!!
nadal3anos from Sandra on Vimeo.
12.12.14
VIDEO DE NADAL (5º E.I.)
Tras moito traballo xa temos o noso vídeo de Nadal, pasámolo moi ben facéndolo e aquí tedes o resultado, esperamos que vos guste e soamente me queda desexarvos un BO NADAL e un PRÓSPERO ANO 2015.
Sin título 0002 from Sandra on Vimeo.
11.12.14
NOVO PROTAGONISTA, ADRIÁN!!! (4º E.I.)
O xoves estivemos de celebración, pois Adrián foi o
protagonista toda a semana. O seu cumpreanos xa foi o 30 de setembro, aínda así
tiña que ter a súa propia semana, e foi a pasada. Pamela visitounos e contou a
historia de Adrián, ademáis cantounos e fixemos que íamos nunha moto, nunha
Onda como a de Marc Márquez. Comemos bizcoito e chocolate e ademáis fixemos
entre todos a coroa que levou Adri para casa. Rematamos poñendo música e
bailando. Gracias!!!

CHEGOU O NADAL (5º E.I.)
Xa temos todo preparado para a chegada do Nadal, comezamos o día 1 de decembro co noso calendario de adviento, no que cada día abrimos un sobre que nos agasalla cunha palabra e o encargado dalle a chocolatina do número correspondente a un compañeiro ou compañeira:
Fixemos moitos adornos para a nosa aula:
As estrelas que trouxemos da casa xa decoran o noso centro:

A nosa curuxa Mariola tamén quedou moi navideña.
9.12.14
4.12.14
25.11.14
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe, 25 de novembro, festexamos o Día Internacional
Contra a Violencia de Xénero e para iso comezamos a traballar o noso recuncho
da amizade con mensaxes positivas. Tamén fixemos un debuxo a unha nena o un
neno e buscamos as súas letras, traballando a importancia de respectar tanto a
uns como a outros.
22.11.14
A CURUXA MARIOLA
Xa temos mascota na clase, é a nosa Curuxa Mariola, elixido o nome por sorteo de todos os que nos aportáchedes das casas, moitas GRAZAS!!!
O venres tamén tivemos un fermoso cadro dunha curuxa feito con teas e como nos gustou tanto quixemos facerlle un collage a nosa Curuxa Mariola. Para elo contábamos con todo tipo de papeis, lás, rotuladores, ceras blandas... e o único que tiñamos que cumprir era que se vira a curuxa e escribir o seu nome. Así foi o proceso:
E este foi o resultado, a clase das curuxas son uns artistas, decidimos entre todos que os íbamos colgar no corredoiro:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)