27.3.13

APRENDEMOS SOBRE XARDINERÍA



-Quen quere ser xardineiro/a?
-Eu, eu, eu, eu tamén....e eu, eu....
A verdade e que non nos aclaramos. Pois de novo descubrimos outro oficio moi interesante e importante para a sociedade. Ademáis sendo xardineiros podemos mancharnos de terra sen que ninguén nos diga nada,e  por suposto ver en primeira persoa como damos vida a unhas sementes insignificantes que con un pouco de cariño e responsabilidade convírtense nunhas fermosas plantas ou árbores.
Para ir probando a nosa adicación ao oficio levamos unha Surfínea para coidar na casa aplicando os nosos coñecementos de nova incorporación (as vitaminas precisas para a terra, a cantidade de auga e a importancia da luz).
E que en verdade todos os oficios son importantes e dignos de valorar. Cal é o teu?

No hay comentarios:

Publicar un comentario