28.10.22

Lecturas Terroríficas (5º EI)

Hoxe foi o noso turno, pechando a XIII Semana das Lecturas Terroríficas, os cativiños de 4 anos cantamos e bailamos "O Samaín" de Uxía Lambona e a Banda Molona.

Esperamos que vos guste, nós pasámolo xenial.

Feliz Samaín, cantade e bailade sen fin!

Lecturas Terroríficas (4º EI)

 

Os máis cativiños do Milladoiro presentamos hoxe na biblioteca a nosa produción propia. Unha terrorífica adaptación do libro "Un, dous, tres vampiro ti es" de Nadi Budde.

Así fomos transformándonos nos diferentes personaxes do Samaín: bruxas, esqueletos, pantasmas e arañas para advertirvos que...

1, 2, 3... SAMAÍN É!

Imaxe CEIP Milladoiro.Malpica

Feliz Samaín!

FELIZ SAMAÍN ( 6º EI)

 







LECTURAS TERRORÍFICAS ( 6º EI)

 Esta semana durante a Hora de Ler xuntámonos todo o centro na Biblioteca Escolar para celebrar o Samaín a través das XIII Lecturas Terroríficas. 

Cada aula preparou un produto final, e no noso caso, dentra da actividade GALICIA:O NOSO CAMIÑO, propuesta enmarcada no PDI: Nós...Patrimonio in-material" interpretamos a historia de " A MOURA, A CREADORA DO MUNDO", unha lenda propia da nosa cultura, e que localizamos en Ourense, a pesar de que é propia de todo o territorio galego.

Deixamos a nosa actuación esperando que vos guste.

27.10.22

SAMAÍN SENSORIAL ( 6º EI)

 

Hoxe , na aula sensorial organizamos varios xogos polos que rotamos coa temática do Samaín:

- Pintado de cabazas con rotuladores fluorescentes e observación con lanternas ultravioletas.

- Vaciado de cabazas

- Pócemas: utilizando un morteiro, pinzas e contapingas creamos mesturas con auga e natureza seca.

- Lectura terroríficas: recuncho con multitude de contos sobre medo.

- Pantasmas de millo: cada peque decorou unha luva que despois encheu con palomitas creando pantasmas.

- Construcións arrepiantes: utilizando a luz do proxector, pezas de construción imantadas e bonecos de esqueletes crearon construcións moi orixinais.

- Mesa de luz: na bandexa sensorial enriba da mesa de luz, e utilizando pinzas, colleron todo tipo de bichiños e elementos que producen medo: ratos, ollos...

- Cabana escura: dentro da cabana utilizaron varias lanternas para proxectar varias imaxes relacionadas co Samaín.


Premer ma imaxe para acceder á galería

24.10.22

EDUCATRIBO: OBRADOIRO DE SAMAÍN ( 6º EI)

 Hoxe recibimos a visita de Jenny e David, a familia de Ainara, que non ensinaron a facer varias manualidades relacionadas co Samaín.

Utilizando oveiras, rolos de papel e pratos que xa pintamos a semana pasada, os peques crearon morcegos, cabazas, gatos negros e a Frankenstein, ademais dunhas momias moi terroríficas. 

Despois baixamos á entrada do centro onde nos ensinaron unha manualidade que fixeron en familia e na 

que colocamos diversos obxectos tenebrosos. Por último fomos colocando nas ventás da clase pegatinas de 

Samaín que trouxeron para decorar.

                            Premer na imaxe para acceder á galería



MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VISITA!!!!!







Proxecto Os castrexos: Os guerreiros do Dolmen ( 6º EI)

 Esta ssemana recreamos os Guerreiros dos Dolmen con plastilina, unhas figuras de pedra que gardaban e protexían ós Dolmen tal e como vimos no Dolmen de Dombate.


Premer na imaxe para acceder á galería