13.4.12

De excurión ao ACUARIUM




Antes das vacacións de Semana Santa despedímonos o grande, fomos de excursión ao Acuarium!!


Alí poidemos ver distintas especies de peixes como o tiburón, as raias, os atúns, o peixe paiaso...entre outros moitos. Ademais aprendemos a recoñecer algúns mamíferos (que non son peixes) como as focas e as baleas. Estremecímonos no tacto dos ourizos e da estrela de mar e quedamos abraiados ao descubrir cómo os buzos alimentan os animais do acuarium. Finalmente vimos o planeta terra e escoitamos atentamente as explicacións da nosa guía. E cómo non! Comemos de camping e xogamos no parque. Isto sí que é divertirse!!

12.4.12

O XORNAL NA TELEVISIÓN




Creamos o noso propio TELEDIARIO na televisión, qué mellor forma hai de aprender os medios de comunicación?


Fixemos entrevistas, representamos distintos roles (cámara, actriz/actor, xornalista, presentador, meteorólogo/a). E todo isto baixo distintos decorados e con distintas e innovadoras novas. Qué ben o pasamos!!

20.3.12

APRENDEMOS CON 5 ANOS




Neste curso xa coñecemos ao avó de Manuel que nos fixo pensar nos cambios materiais e culturais que se deron dende a súa infancia. E vaia se hai diferencia, nós temos de todo!


Tamén ensinamos cada un de nós a profesión e o oficio dos nosos pais coa axuda dunha ferramenta, aprendemos a medir con distintas instrumentos e profundizamos nos novos coñecementos que se esconden detrás dos variados e divertidos rincóns da aula.


Con todo isto...non nos cansamos!!, e seguiremos aprendendo moito máis.

ARTE CON 4 ANOS




Inspirados polo artista Miró descubrimos unha nova forma de crear o espacio, máis divertido e orixinal. Coñecemos a conmovedora historia de Laika, a 1ª cadela astronauta, e creamos un novo escenario para ela coa colaboación dos nosos amigos de 5 anos. Somos uns artistas!!

28.2.12

ARTE CON 5 ANOS








Como se nos faría eterno amosar todas as nosas obras artísticas, amosamos neste pequeno espazo dixital algunhas das máis célebres. Dende o comezo do curso descubrimos novos artistas, algún invento, obras de arte e técnicas que puxemos en práctica en diferentes creacións. Ademáis destacamos o libro feito por Bruno que tanto nos gustou.


E aínda nos queda moito por facer, asique non perdades de vista o blog dos Cativiños!

19.2.12

Entroido, Entroidiño!



Neste entroido fixemos festa toda a semana. Alegramos o luns con diademas e coroas propias de príncipes e raíñas. O martes, enamorámonos coa cor vermella do amor. As paxariñas e os lazos de presumidos deixámolas para rirnos o mércores. E cómo non!, o xoves fartamos a rir cos zapatos divertidos.
Pero o mellor...a foliada do venres!! Desfilamos como Antroideiros profesionais polas rúas de Malpica e comemos a comida tradicional propia destas festas para rematar xogando ata non poder máis.
Disfruta e comenta das nosas fotos preferidas!!