14.5.16

FESTIVAL DAS LETRAS 2016


O pasado venres 13 de maio celebramos no centro o festival das Letras galegas. Entre a clase de 5º e 6º E.I. fixemos unha guerra rapeada cos poemas O sol, A lúa e O arco da vella de Manuel María, xa que interpretamos a historia que a lúa quería casar e o sol e o arco da vella pelexaban por ela. Tivemos un pequeno fallo coa música do vídeo (que agora solucionamos co montaxe do vídeo) pero temos uns grandes artistas que o fixeron de todas maneiras fenomenal. 

11.5.16

OFICIOS TRADICIONAIS GALEGOS (6º E.I.)

Dende que visitamos o Museo do Pobo Galego temos moito interés por todos os oficios tradicionais de Galicia. Por iso, cada un está rebuscando entre as pertenencias dos bisavós e bisavoas aquelas ferramentas que empregaban nos seus traballos. As primeiras que ocupan o noso museo son as do carpinteiro da ribeira, explicándonos Moisés como empregaba o seu bisavó o xunquillo e o berbiquí.

 



















10.5.16

PERIODO DE ADAPTACIÓN

Faltan moi pouquiños días para cos nenos e nenas de 2 anos veñan a coñecer o que vai ser o seu cole nos próximos anos. É un momento moi importante na vida dos pequenos, comezan unha nova etapa e, por iso, queremos deixarvos unha serie de recomendacións para este novo periodo.



 

4.5.16

Proxecto de cociña

A pasada semana participamos no II Encontro de intercambio de experiencias educativas en Coruña presentando o proxecto da aula de cociña. Fixemos un pequeno resumo de como xurdiu a idea, con que apoio contamos, que recursos empregamos, cales foron as actividades que fixemos e contamos facer... e aquí os deixamos a presentación do proxecto para que todos podades coñecer a nosa aula de cociña un pouquiño máis a fondo.


EXCURSIÓN: ESPERANDO Ó TREN!! ( 5º EI )


A TODA VELOCIDAD!!!! A TODA VELOCIDAD!!!!!

ESPERANDO Ó TREN from marta couto on Vimeo.

EXCURSIÓN A SANTIAGO ( 5º e 6º EI )

Onte os peques de 5º e 6º de Educación Infantil pasamos o día en Santiago de Compostela. A primeira visita foi ó baño do cole, xa que ía ser un camino longo, fixemos as parellas e montamos no bus. Estabamos inquietos porque tiñamos moitas ganas de montar en tren. Cando chegamos a Santiago merendamos unas galletas con chocolate e auga, xa facía moita calor a esas horas da mañá!!!  Visitamos o Museo do Pobo Galego, onde fixemos una actividade moi divertida, na que tiñamos que ir por varias salas: a do mar, o campo, as festas e as casas, buscando unhas pistas, para axudar a Sabela, a protagonista dunha historia que nos contaron alí. Ademais atopamos una mesa enorme con obras de Manuel María, o homenaxeado das Letras Galegas!!!!!
Despois fumos andando por Santiago ata chegar á Catedral, onde esperamos ó tren, admirando e falando da Catedral, do Concello, da música que escoitabamos, saúdando ós traballadores que estaban moiii arriba na Catedral...
Por fin chegou o tren ( na seguinte entrada veredes un anaco dun vídeo), algún estaban moi impacientes, e levounos a dar una volta longa por todo Santiago, e no camino vimos unha noria xigante. Despois fumos anadando un pouquiño ó Parque da Alameda, onde estaba o bus coas mochilas. Buscamos un sitio con sombra para comer, recollimos e limpamos todo e xogamos ata a hora de marchar. De volta algún ían moi cansos, pero pasámolo en grande!!!!!

EXCURSION - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Mais fotos da excursión:


2.5.16

O SOÑADOR (6º E.I.)

A partir do poema  O soñador de Manuel María, autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas, nos tamén quixemos recoller os nosos soños...

QUIXERA from Sandra on Vimeo.

Todas as nosas creacións poéticas quedaron predidas no tendal de Manuel María, actividade que fará todo o centro.