O pasado venres 13 de maio celebramos no centro o festival das Letras galegas. Entre a clase de 5º e 6º E.I. fixemos unha guerra rapeada cos poemas O sol, A lúa e O arco da vella de Manuel María, xa que interpretamos a historia que a lúa quería casar e o sol e o arco da vella pelexaban por ela. Tivemos un pequeno fallo coa música do vídeo (que agora solucionamos co montaxe do vídeo) pero temos uns grandes artistas que o fixeron de todas maneiras fenomenal.
14.5.16
11.5.16
OFICIOS TRADICIONAIS GALEGOS (6º E.I.)
Dende que visitamos o Museo do Pobo Galego temos moito interés por todos os oficios tradicionais de Galicia. Por iso, cada un está rebuscando entre as pertenencias dos bisavós e bisavoas aquelas ferramentas que empregaban nos seus traballos. As primeiras que ocupan o noso museo son as do carpinteiro da ribeira, explicándonos Moisés como empregaba o seu bisavó o xunquillo e o berbiquí.
10.5.16
4.5.16
Proxecto de cociña
A pasada semana participamos no II Encontro de intercambio de experiencias educativas en Coruña presentando o proxecto da aula de cociña. Fixemos un pequeno resumo de como xurdiu a idea, con que apoio contamos, que recursos empregamos, cales foron as actividades que fixemos e contamos facer... e aquí os deixamos a presentación do proxecto para que todos podades coñecer a nosa aula de cociña un pouquiño máis a fondo.
EXCURSIÓN: ESPERANDO Ó TREN!! ( 5º EI )
ESPERANDO Ó TREN from marta couto on Vimeo.
EXCURSIÓN A SANTIAGO ( 5º e 6º EI )
Onte os peques de 5º e 6º de Educación Infantil pasamos o día en Santiago de Compostela. A primeira visita foi ó baño do cole, xa que ía ser un camino longo, fixemos as parellas e montamos no bus. Estabamos inquietos porque tiñamos moitas ganas de montar en tren. Cando chegamos a Santiago merendamos unas galletas con chocolate e auga, xa facía moita calor a esas horas da mañá!!! Visitamos o Museo do Pobo Galego, onde fixemos una actividade moi divertida, na que tiñamos que ir por varias salas: a do mar, o campo, as festas e as casas, buscando unhas pistas, para axudar a Sabela, a protagonista dunha historia que nos contaron alí. Ademais atopamos una mesa enorme con obras de Manuel María, o homenaxeado das Letras Galegas!!!!!
Despois fumos andando por Santiago ata chegar á Catedral, onde esperamos ó tren, admirando e falando da Catedral, do Concello, da música que escoitabamos, saúdando ós traballadores que estaban moiii arriba na Catedral...
Por fin chegou o tren ( na seguinte entrada veredes un anaco dun vídeo), algún estaban moi impacientes, e levounos a dar una volta longa por todo Santiago, e no camino vimos unha noria xigante. Despois fumos anadando un pouquiño ó Parque da Alameda, onde estaba o bus coas mochilas. Buscamos un sitio con sombra para comer, recollimos e limpamos todo e xogamos ata a hora de marchar. De volta algún ían moi cansos, pero pasámolo en grande!!!!!

2.5.16
Suscribirse a:
Entradas (Atom)