4.3.16
3.3.16
EN BUSCA DO TESOURO ( 5º EI )
Onte fixemos o xogo do Mapa do Tesouro, a misión era atopar, a través do mapa do patio, os catro tesouros escondidos, así pois dividimos a clase en catro grupos, estaban o equipo 1, o 2, 3 e 4. Cada equipo tiña un mapa e o número onde estaba o seu tesouro. Atopamos os catro tesouros e o subir á clase abrímolos todos xuntos, A EXPECTACIÓN ERA MÁXIMA!!!! Resultou que eran catro pezas dun puzle, e ó xuntalas descubrimos que era un cadro de Viki Rivadulla, a pintora que está a punto de visitarnos!!!
1.3.16
COCIÑAMOS PAN E FACEMOS TOSTAS ( 5º EI )
BISCOITO DE COCORICO (6º E.I.)
Esta semana elaboramos o biscoito que aparece no conto de Cocorico, seguindo a receita que nos mostra ao final deste vídeo:
Tamén estivemos xogando na rede repasando os distintos persoaxes do conto, podedes xogar dende casa premendo na seguinte imaxe.
Aqui tedes un resumo de todo o proceso de elaboración do biscoito e o rico que nos soupo:
26.2.16
Semana de ROSALÍA DE CASTRO (6º E.I.)
O 24 de febreiro conmemórase a Rosalía de Castro cun día dedicado especialmente para ela e nos fixemos varias actividades na clase e tamén outras nas que participou todo o alumnado do centro. Na foto anterior pódese ver un mural de Rosalia de Castro feito con anacos de papel o estilo de Andy Warhol, tivemos que pintar, recortar e colocar os papeis no lugar onde nos tocou.
Ademais fixemos un debuxo dun verso de Rosalía, no noso caso dunha canción que falaba de Rosalía, elexindo o tema Rosalía pequeniña de Uxía.
Nesta canción fala do que Rosalía soñaba con ser, así que representámola sendo unha fada, unha india, unha pirata... e despois pegámolos nun mural conxunto para todo o cole.
Por último, como noa guastou tanto a técnica de Andy Warhol fixemos o noso propio cadro de Rosalía e ademais modificamos as nosas fotos coa súa técnica, primeiro co ordenador e despois en papel. Co ordenador este foi o resultado:
E un resumo de todo este traballo, queda recollido nas seguintes fotos:
19.2.16
LUIS SEOANE en 6º E.I.
Despois da nosa visita ao museo de Belas Artes de Coruña gustounos tanto os cadros de Luis Seoane, xa que teñen tantos cores, que nos tamén fixemos o noso cadro de La figura, vimos na pantalla mais cadros de Seoane e buscamos o seu título, fixemos combinacións de cores... este é un pequeno resumo do traballo realizado.
17.2.16
MATISSE (6º E.I.)
Despois de coñocer un pouquiño mais o mundo de MATISSE, a través do libro Las tijeras de Matisse, quixemos facer os nosos cadros imitándoo e recortando papeis de cores con tesoiras.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




