24.6.15

XORNADA DE CONVIVENCIA

O pasado mércores 17 de xuño, tivemos a Festa de Convivencia en Buño, onde nos reunimos os profes e alumnos do C.R.A Nosa Señora do Faro, o CEIP Milladoiro e o CEIP Joaquín Rodríguez Otero, que nesta ocasión foi o anfitrión. Grandes e pequenos pasámolo en grande.





22.6.15

PIZZEROS POR UN DÍA ( 4º EI )


Unha das actividades de fin de curso foi a de crear as nosas propias pizzas. Fixemos a masa, botamos os ingredientes ( tomate, xamón, queixo e orégano) e metímolas no forno pequeno na clase. Estaban boísimass!!!
hipocampillo's PIZZA album on Photobucket

ACTUACIÓN FIN DE CURSO ( 4º EI )


O GALO ,MARTA from bemilladoiro on Vimeo.

20.6.15

IMOS Á PRAIA DE CANIDO ( 4º EI )

Para celebrar o día do medio ambiente e concienciar ós cativos da importancia de manter o mar e as parias limpas, o ciclo de infantil visitamos a Praia Maior e Canido. Paseamos vendo que tipo de lixo estaba na area, pensamos quen o tiraría, que lle pasarían os animais con tanto lixo no mar e na praia... despois estivemos xogando na praia de Canido, merendamos e voltamos ó cole. Pasámolo en grande!!




16.6.15

FINALIZACIÓN DO PROXECTO DA PRAIA (5º E.I.)






Estando a piques  de rematar o curso, tamén terminamos o proxecto da praia. Foron moitísimas as cousas que aprendemos, os diferentes tipos de cunchas, o traballo das mariscadoras, todo o relacionado co buceo, as estrelas de mar... por iso agradecerlle ás familias toda a información e os obxectos que aportaron. 
Para finalizar fixemos un mural onde todos imos a praia.








VISITA DE IGNACIO

O pasado venres recibimos a visita de Ignacio, un contacontos de Lalín que nos divertíu coas súas historias de burros que non lle deixaban pasar, cancións en galego moi divertidas... esperamos pronto outra visita.




EXCURSIÓN A PRAIA (5º E.I.)




O pasado xoves fixemos unha excursión a praia para conmemorar o Día do Medio Ambiente, traballamos moito recollendo lixo da praia de Canido e por iso gañamos un diploma de membro da brigada ecolóxica. Imos estar moi atentos para que ninguén tire nada o chan nin na praia.