13.10.14

VISITA DUNHA CURUXA (5º E.I.)


Seguimos avanzando no descubrimento do mundo das curuxas grazas a visita dunha delas, que nos permitiu coñecelas a fondo e estudar cada unha das súas partes, aprendendo a empregar tamén a lupa para observar as partes máis pequenas. Moitas Grazas as familias por todas as vosas apartacións!!!!





7.10.14

AS CURUXAS DE 4 ANOS (5º E.I.)


Os nenos e nenas de 4 anos decidiron por maioría que se chamaban a CLASE DAS CURUXAS, así que comezamos a nosa investigación sobre estes animais tan curiosos e solicitamos a colaboración as familias.


Algunhas das nosas ideas previas sobre as curuxas e cuestións que queremos saber foron as seguintes:


Xa resolvimos algunhas das nosas dúbidas grazas a todo o material que están aportando as familias, por iso dende aquí agradecervos a vosa colaboración, e pouco a pouco o noso proxecto vai tomando forma.




OUTONO CHEGOU...(5º E.I.)

Xa chegou a estación do outono á clase de 4 anos e celebrámolo con diferentes decoracións como mandalas, a nosa árbore con follas, setas... aqui os deixamos unha pequena mostra.




Tamén estamos aprendendo a canción "Otoño llegó marrón y amarillo".


4.10.14

COÑECEMOS OS NOSOS NOMES (5º E.I.)

Na clase de 4 anos estamos traballando o noso nome e o nome dos nosos compañeiros e compañeiras e, para iso, empregamos o seguinte xogo onde temos que buscar a parella da imaxe co nome escrito, realizar as sopas de letras, puzles... Tamén podedes facelo na casa, soamente tedes que premer enriba da imaxe.


1.10.14

MESAS DA CLASE DE 4 ANOS (5º E.I.)

Foron moitos os cambios que fixemos buscando a mellor distribución das mesas e finalmente os grupos quedaron da seguinte forma, sendo os nomes elexidos por eles mesmos a votación (ó longo do curso realizaremos diferentes grupos).


Mesa das TARTARUGAS: Germán, Antía, Nagore, Moisés e Henry.

Mesa dos DRAGÓNS: Pablo, Martín, Sofía, Carla, David e Sabela.

Mesa das ESCAVADORAS: Iker, Laura, Nicolás e Daniela.


Mesa das FLORES: Alexis, Alejandra, Miguel, Yeray e Blanca.

Mesa dos FUTBOLISTAS: Alma, Oliver, Ada e Alejandro



20.9.14

RECUNCHO DA AMIZADE (5º E.I,)



Na clase de 4 anos estamos estreando o RECUNCHO DA AMIZADEsendo este un espazo onde resolver conflitosdeixar mensaxes positivos, tranquilizarnos cando nos poñemos un pouquiño nerviosos, dicirlle cousas fermosas os nosos amigos e amigas... e no que tamén pode mandarnos as súas mensaxes as familias, fotos de amizade, debuxos elaborados na casa... Estes serán comentados na asemblea e logo colocarémolos no noso recuncho.


Con motivo desta creación empezamos a traballar a canción "XOGO DA CARRASQUIÑA" co seu baile, xa que nela nos invitan a que nos demos un bico e nos abracemos. Esta canción encántalles, así que vos deixo o vídeo para que poidades bailala todos xuntos na casa e algunhas das fotos da interpretación da canción na clase.
















16.9.14

BENVIDOS

Benvidos a todos os nosos alumnos e alumnas de Educación Infantil que este ano comezan un novo curso con moita ilusión e entusiasmo. Algúns xa son veteranos como os meniños e meniñas de 5 anos, que coa súa mestra Dora, rematarán este ano a súa etapa. Os de 3 anos están a adaptarse a este novo mundo, como é a escola, da man da súa profe Marta. E Sandra é a mestra dos nenos e nenas de 4 anos que seguen a evolución iniciada no curso pasado. Todos eles estarán acompañados de Mónica, encargada da psicomotricidade e mestra de apoio, entre algunhas das súas funcións; Luisa, a profe de música; Mª Jesús, a "teacher" e Carmen, a profe de Relixión. Todas queremos dar a benvida ao alumnado e ás familias, desexando que este espazo vos sirva para coñecer un pouquiño máis das cousas que facemos no día a día na aula.