28.2.13

MUSEO DE BELAS ARTES



Qué ben o pasamos!! Descubrimos un mundo novo, cheo de intrigas, de formas, cores e historias agochadas en cada cadro e esperando que alguén as descubra.Recoñecemos ademais algúns artistas que nos servirán de inspiración ao longo do curso e cómo non!creamos un novo cadro inspirándonos na obra de Picasso pero con matices de novos artistas en potencia.

17.2.13

É HORA DO ENTROIDO



Esto sí que é unha festa divertida!! Nós eramos os reposteiros, os xardiñeiros e os panadeiros da panadería Cativiños pero por haber, había de todo: bombeiros, policías, pescadores... e moitos máis.
Despois de aprender cousas sorprendentes dos nosos oficios, creamos o disfraz e para presumir, desfilamos polo paseo da praia ante centos de cámaras. Logo de tanto andar entrounos a fame, e a comer orellas!!  filloas, rosquillas ... de todo o que se espera nun tradicional entroido galego. E  finalmente, a bailar ao ritmo da música máis moderna. Xa nos tarda o ano que ben.

14.2.13

A MAXIA DOS CONTOS



A MAXIA DOS CONTOS.

O día 4 de febreiro tivemos unha gran sorpresa no cole, viñeron os da editorial Kalandraka e contáronnos un montón de contos! ,pasámolo xenial e esperamos que volvan moi pronto.
Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos.


SOMOS PACIFISTAS

O día 30 de xaneiro celebramos a Festa da Paz en recordo da amistade e a solidariedade. Todos os nenos de infantil lemos e escoitamos contos de valores ao longo das dúas últimas semanas, fixemos diferentes pombas da paz, unha man solidaria os de 4 anos, os de 5 crearon "Os 10 Principios da Paz" e aprendemos unha canción moi divertida"Yo estoy muy orgulloso". Ademais baixamos ao patio a cantar entre todos os nenos/as do colexio a canción formando círculos. Para a nosa sorpresa deixáronnos bailar algunha das nosas cancións preferidas. Aprendemos a ser pacíficos!!!

29.1.13

VISITAMOS A PANADERÍA



Traballamos como verdadeiros panadeiros/as!! fixemos barras, moletes, bolas e galletas.
As panadeiras ensináronnos cómo realizan o seu traballo, os ingredientes para a masa do pan, as máquinas necesarias... Descubrimos a importancia da pala para poñer o pan no forno, e as técnicas para crear as figuras de pan e galletas con máis éxito. Que gusto tocar coas mans a suavidade da fariña! e o mellor de todo:  A DEGUSTACIÓN DE GALLETAS E PAN!!

A CHEGADA DO INVERNO



Comezamos o segundo trimestre e nós, encantados!! Porque puidemos despedirnos de Estefanía e démoslle un agasallo moi especial.
Ademáis Parrulo trouxonos novos rincóns para xogar e aprender que pouco tempo estiveron sen explorar.
E por se fora pouco, comezou o inverno, cun novo mural, cancións e ata creamos un muñeco de neve de verdade e xogamos coa neve que tamén nos trouxo Parrulo.
Aprender é divertido!!

30.12.12

VEÑEN OS REIS MAGOS



Por fin o día máis esperado da semana....o día que viñeron os Reis Magos!!
E aínda que daban un pouquiño de medo, démoslle a nosa fermosa carta chea de ilusións, e como non, de xoguetes que nos gustaría ter nestas vacacións. Cantamos paixoliñas e esmerámonos por demostrarlles que nos portamos moi ben este ano.
A ver se non se olvidan de nada...
BO NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO DOS NENOS/AS DE 3 ANOS!!!