Inspirados polo artista Miró descubrimos unha nova forma de crear o espacio, máis divertido e orixinal. Coñecemos a conmovedora historia de Laika, a 1ª cadela astronauta, e creamos un novo escenario para ela coa colaboación dos nosos amigos de 5 anos. Somos uns artistas!!
20.3.12
28.2.12
ARTE CON 5 ANOS
Como se nos faría eterno amosar todas as nosas obras artísticas, amosamos neste pequeno espazo dixital algunhas das máis célebres. Dende o comezo do curso descubrimos novos artistas, algún invento, obras de arte e técnicas que puxemos en práctica en diferentes creacións. Ademáis destacamos o libro feito por Bruno que tanto nos gustou.
E aínda nos queda moito por facer, asique non perdades de vista o blog dos Cativiños!
19.2.12
Pero o mellor...a foliada do venres!! Desfilamos como Antroideiros profesionais polas rúas de Malpica e comemos a comida tradicional propia destas festas para rematar xogando ata non poder máis.
Disfruta e comenta das nosas fotos preferidas!!
6.2.12
29.12.11
CELEBRAMOS O NADAL DE FORMA ESPECIAL
CÓMO NOS GUSTA O NADAL!!
Elaboramos divertidos e orixinais adornos de Nadal, transformamos os personaxes dos contos populares en figuriñas da árbore de nadal, creamos postais navideñas, representamos unha panxoliña e o máis importante, escribimos a carta aos Reis.
E por si fora pouco, este ano por fín viñeron os Reis a visitarnos e recoller as nosas cartas. Puidemos falar con eles e con Papa Noel por medio das novas tecnoloxías e o Festival de Nadal do noso colexio foi especial, xa que despois de divertirnos coas panxoliñas aprendemos a facer bombóns e poidemos gozar de distintos productos tradicionais navideños.
Unha despedida xenial para o 2011, e agora....A COLLER CON ILUSIÓM O 2012!!

