Este samaín foi moi completo, fixemos arañas, pantasmas de palomitas, actuamos, fumos polas clases facendo o "truco ou trato"... este é un pequeno resumo:
31.10.15
27.10.15
"O ROUBO DA CABEZA" (6º E.I,)
Este ano dentro da PDI do cole, Pintamos moito!, propuxéronnos realizar a actividade CÓNTAME UN CADRO...DE MEDO!. O cadro escollido para a clase de 6º E.I. foi "El espantapájaros" de César Pola.
A partir deste cadro inventamos entre todos un relato de medo. Primeiramente, de maneira individual, cada neno e nena escribiu o que lle pasara o espantallo, puxémolo en común e aqueles personaxes que mais apareceron foron os protagonistas da nosa historia. Finalmente eleximos un título, votámolo e a maioría elexiu "O ROUBO DA CABEZA" (podedes ver o conto completo no blogue pintamos moito).
Como gustounos tanto a historia que crearamos, decidimos interpretarla na biblioteca dentro da VI Semana das Lecturas Terroríficas, quedando demostrado que todos son uns grandes artistas.
SEMANA DA FROITA (6º E.I.)
Tamén traballamos en grupo buscando froitas que contiveran as diferentes vogais, o principio costounos un pouco pero o resultado foi moi gratificante.
25.10.15
BAILE DOS MORCEGOS ( 5º EI )
A clase dos superhéroes e superheroínas tamén participaremos na Semana das Lecturas Terroríficas, interpretaremos cun baile a seguinte canción!!!!
19.10.15
14.10.15
8.10.15
ANIVERSARIO CONXUNTO DE ADRIÁN E ALONSO ( 5º EI )
Esta semana celebramos o aniversario de Adrián e Alonso, e para esta ocasión tomamos un rico bizcoito e ademais fixemos actividades artísticas, os que cumprían anos fixeron a súa silueta e a pintaron coa axuda das mamás que puideron vir a escola , e os demais crearon un debuxo para facer o libro de debuxos que levarán Adrián e Alonso como regalo da clase cando estean rematados.
5.10.15
EL BAILE DE LA FRUTA (6º E.I.)
"El baile de la fruta" é a nova canción que aprendimos este curso e o seu baile encántanos:
4.10.15
Suscribirse a:
Entradas (Atom)