29.4.15
DÍA DO LIBRO: PADRIÑOS E MADRIÑAS ( 4º EI )
27.4.15
EMOCIÓNS: A TRISTEZA ( 4º EI )
23.4.15
DIA DO LIBRO, 23 DE ABRIL (5º E.I.)
Hoxe, 23 de abril, celebramos o DÍA DO LIBRO coa actividade de padriños e madriñas lectores. Na anterior semana viñeron os alumnos/as de 5º e algún de 6º de E.P. e preguntaron os seus afillados/as polas súas lecturas favoritas.
Os maiores foron á biblioteca a elixir un libro para os seus afillados e hoxe viñeron recollelos á aula, buscaron un sitio no patio e contáronlles o conto. Foi unha actividade que nos gustou moito.
22.4.15
OBRADOIRO DE COCIÑA: OVOS DE CHOCOLATE ( 4º EI )
Despois das vacacións de Semana Santa fixemos este obradoiro de ovos de chocolate, co que aprendimos moito, vimos o proceso de transformación do chocolate e o probamos en distintos estados, traballamos en equipo, e aínda que o resultado non foi tan bonito como esperabamos os peques puxeron moitísima ilusión e motivación!!!
19.4.15
COMEZAMOS O TERCER TRIMESTRE (5º E.I)
Neste terceiro trimestre imos realizar un proxecto sobre a praia e comezamos co estudo das cunchas, xa que foron moitos os nenos e nenas que trouxeron diversas delas á clase.
Puxémonos a investigar que eran exactamente as cunchas, xa que xurdiron diferentes teorías ao respecto, e para iso fomos buscar información á biblioteca.
Foi moi grande a nosa sorpresa cando descubrimos que dentro das cunchas vivían pequenos animais chamados moluscos e, sobre todo, que as caracolas era as casas dos cangrexos hermitaños. Así que seguimos buscando información e vimos o seguinte conto:
Finalmente fixemos as nosas propias caracolas cos seus cangrexos hermitaños.

17.4.15
AS EMOCIÓNS: A RABIA ( 4º EI )
11.4.15
PRIMAVERA NA CLASE DAS CURUXAS (5º E.I.)
Xa chegou a primavera a clase das curuxas e por iso estivemos facendo flores con diferentes técnicas. Por unha banda empregamos culleres para facer margaritas e, por outra parte, decoramos con papel seda unha árbore que estaba moi triste porque non tiña flores. Este foi o proceso e o resultado:
Tamén estamos aprendendo o "Rock da primavera" que é moi divertido e gústanos moito as guitarras de rock-bolboretas:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)