30.10.14
Tubalacatumba
28.10.14
CANCIÓN DO SAMAÍN (5º E.I.)
Estos días na clase das curuxas estamos escoitando a canción do SAMAÍN de "Brinca Vai"! Non aprendimos a letra, porque é un chisco complicada, pero o vídeo encántanos.
Tamén estivemos traballando o conto de "Marcelina e a noite de samaín", podedes ver o conto e realizar diferentes actividades no seguinte enlace:
27.10.14
26.10.14
SAMAIN CHEGOU A 4 ANOS (5º E.I.)
Esta semana chegou o Samaín a clase das curuxas, así estivemos vendo diversos vídeos explicativos sobre esta festividade, aprendimos algunha canción, xogamos a poñer cara de susto e asustar os nosos compañeiros e compañeiras e comezamos a realizar diversas manualidades: arañas, morcegos, caretas de mouchos... aquí vos deixo unha pequena mostra, nos próximos días subiremos mais fotos.
SAMAIN (4º E.I.)
Esta semana
comezamos a traballar o Samaín na aula de 3 anos. Para iso lemos o conto
de Marcelina e a noite de Samaín, fixemos pantasmas coas mans e traballamos
moito para facer unha cara de mostruo na porta da clase! Un día apareceu na
clase a pantasma comemedos, e despois de pensar e escribir o que nos daba moito
medo llos dimos a ela para que os papara.
22.10.14
17.10.14
15.10.14
UN MOUCHO QUE É CHOSCO (5º E.I.)
Estamos aprendendo unha nova canción sobre un moucho que é chosco, que vive nun souto... Déixovos a canción e próximamente mostraremos os pasos do baile.
O MISTERIO DA CAIXA (4º E.I.)
CUMPREANOS DE ANTÍA (4º E.I.)
O martes celebramos o aniversario de
Antía que o venres 10 cumpliu 3 anos. Esta semana foi a protagonista e, polo
tanto, levou para a casa o libro viaxeiro e nel contounos que ten un cabalo,
que lle gusta dar de comer a súa tartaruga, que ten unha bici…e un montón de
cousas. Gracias a Sheila e David por acompañarnos nese día!!
PROTAGONISTA DA SEMANA: ALONSO (4º E.I.)


13.10.14
7.10.14
AS CURUXAS DE 4 ANOS (5º E.I.)
Os nenos e nenas de 4 anos decidiron por maioría que se chamaban a CLASE DAS CURUXAS, así que comezamos a nosa investigación sobre estes animais tan curiosos e solicitamos a colaboración as familias.
Algunhas das nosas ideas previas sobre as curuxas e cuestións que queremos saber foron as seguintes:
4.10.14
COÑECEMOS OS NOSOS NOMES (5º E.I.)
Na clase de 4 anos estamos traballando o noso nome e o nome dos nosos compañeiros e compañeiras e, para iso, empregamos o seguinte xogo onde temos que buscar a parella da imaxe co nome escrito, realizar as sopas de letras, puzles... Tamén podedes facelo na casa, soamente tedes que premer enriba da imaxe.
1.10.14
MESAS DA CLASE DE 4 ANOS (5º E.I.)
Foron moitos os cambios que fixemos buscando a mellor distribución das mesas e finalmente os grupos quedaron da seguinte forma, sendo os nomes elexidos por eles mesmos a votación (ó longo do curso realizaremos diferentes grupos).
Mesa das TARTARUGAS: Germán, Antía, Nagore, Moisés e Henry.
Mesa dos DRAGÓNS: Pablo, Martín, Sofía, Carla, David e Sabela.
Mesa das ESCAVADORAS: Iker, Laura, Nicolás e Daniela.
Mesa das FLORES: Alexis, Alejandra, Miguel, Yeray e Blanca.
Mesa dos FUTBOLISTAS: Alma, Oliver, Ada e Alejandro
Suscribirse a:
Entradas (Atom)