29.9.17

O MAPA DE MALPICA (6º E.I.)

Iniciamos o proxecto do mar e antes de nada comezamos analizando o que sabemos e o que queríamos aprender.


Pero o noso proxecto zarpa de Malpica, así que antes de aventurarnos por augas descoñecidas queremos coñecer a nosa propia zona. Aproveitamos que cada aula ten un nome dun sitio da nosa comarca (Punta Nariga, A barca de Maghé, A pedra das Garzas, A praia das Torradas...) e todos estes nomes apareceron no nosos panel de palabras segredas. O principio non sabíamos que significaban esas palabras tan raras, así que o primeiro que fixemos foi percorrer o cole para atopalas. Despois de descubrir que eran os nomes da clase e localizar que clase nos tocara a cada un, mandamos o papel a casa para cas familias nos axudaran a situalas no mapa. Hoxe estivemos localizando todos os lugares no mapa diferenciando un monte, dunha illa, dunha pedra, dunha praia... e deixámolo fora da aula para co resto dos compañeiros/as dos outros cursos poidan consultar onde estáo nome da súa aula. Podedes ver todas as fotos desta actividade premendo no seguinte enlace: Mapa de Malpica.





28.9.17

FROITOS DO OUTONO: LANDRA

Hoxe acabamos o froito de outono que empezamos onte. Despois de pintar a man e estampala nun folio , púxemoslle a boina co rabiño da landra.




RECUNCHO DA PLÁSTICARTE

Esta semana estreamos o recuncho que nos quedaba, o da plástica e arte. Nel podemos debuxar, pintar coma se fosemos pintores, recortar, pegar, etc, todo o que a nosa imaxinación nos proporcione.
O primeiro que fixemos foi pintar unha das mans para facer un froito de outono ,e, logo, os nenos e nenas que estaban na mesa da encargada puideron pintar no cabalete, as dúas primerias obras que fixeron foron dunhas árbores e dun calamar.
Así, cada día, pasaran polo recuncho os nenos e nenas que esten na mesa do encargado ou encargada.


27.9.17

EDUCACIÓN EMOCIONAL (6º E.I.)


MUSICA from Sandra on Vimeo.

A pasada semana comezamos cunha pequena sesión de música na que traballamos a educación emocional a través do ritmo da música e do contacto cos compañeiros/as. Coa música da Marcha Radesky facíamos un pequeno masaxe na espalda do neno ou nena que tíñamos diante seguindo o ritmo que eu lles marcaba. Foi unha experiencia moi emocionante que repetiremos en máis ocasións.

INICIAMOS O PROXECTO COS BARCOS (6º E.I.)

Comezamos o noso proxecto sobre o mar e que mellor maneira que investigar o máis próximo a nos como son os BARCOS. Primeiramente pensamos cantos tipos de barcos coñecemos e buscamos moitos máis en internet. Despois descubrimos as maquetas de barcos que trouxeron varias mestras, analizando de cada barco de que estaba feito, se se desprazan grazas as velas, o motor, os remos... e ademais para que serve cada un deles. Zarpamos neste emocionante proxecto!!! Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace: Barcos.


24.9.17

LECTURA DOS MAIORES ( 4º EI)


O noso compañeiro Benito, ó pasar pola clase de Pablo, o seu irmán, preguntaba por el, e un día atopamos a Pablo e convidámolo a vir a clase a ler un conto. Como esta actividade gustounos moito, todas as semanas virán un par de nenos e nenas de 2º de Primaria a ler na clase para nos. Moitas grazas!!


    

23.9.17

A CAIXA DE LUZ


O venres descubrimos a Caixa de luz, quedaron moi sorprendidos e encantoulles xogar con palliñas de cores. Foi un primeiro achegamento dos moitos que teremos!!



PRIMEIROS DÍAS (5º E.I.)

Xa levamos case dúas semanas de clase, xa coñecemos ben a nosa nova aula, estreamos os recunchos e as novas rutinas deste ano:
- sumamos cantos nenos e nenas somos e faltan cada día,
- buscamos as letras do noso nome para móntalo cando nos toca ser encargados,
- a etiqueta do nome esta co noso primeiro apelido,
- e, todos os días poñemos o día de hoxe, onte e mañán.
E, temos un pequeno mural cos aniversarios de cada mes.










 

21.9.17

ANIVERSARIO DE LEO


O mércores o noso compañeiro Leo estivo de aniversario, cumpliu xa 3 ANOS!!! Para celebralo fixemos unha coroa da súa cor favorita, o amarelo, que decorou el como quixo, agasallámolo con bicos e apretas e recibimos a visita de Noa, a súa nai, que contou a historia escrita na casa no Libro Viaxeiro, historia na que Leo era un gran capitán que axudaba ós demáis como os superheroes. Moitísimas grazas, esperamos que volvas!!!

O PRIMEIRO DEBUXO


Despois de acabar o Periodo de Adptación, fixemos o primeiro debuxo desta nova etapa na que acabamos de entrar. Son uns artistas!!!

19.9.17

CAIXA DE LER (6º E.I.)




Hoxe fumos elexir os contos para a nosa caixa de ler, que poderemos usar cando nos toque no rincón dos libros, na hora de ler, cando veña unha profesor/a... cando neno/a escolleu o libro que máis lle gustou, procurando elexir mantendo a orde da biblioteca. Tamén fixemos os nosos carnets para poder ir buscar libros a biblioteca e como tíñamos que colorear a Leo, buscamos unha grande para pintala perfecta. Podedes ver todas as fotos no seguinte enlace: caixa de ler.




15.9.17

INICIO CURSO (6º E.I.)

Ola, iniciamos o curso con moitas gañas, moita ilusión e moitas novas ideas, aquí tedes un pequeno resumo desta primeira semana. Fixemos os manteis novas para a merenda, comenzamos coas novas rutinas onde xa intentamos ler os nomes dos nosos compañeiros/as en minúscula, descubrimos o panel das palabras segredas, o do número protagonista, unha avaliación incial (examen de maiores como din eles)...