31.5.15

Os contos favoritos na aula de 4 anos

NOVO PROTAGONISTA: IZAN ( 4º EI )

A semana pasada tivemos un novo protagonista, Izan, que aínda ten tres anos, pero celebramos o aniversario de 4 xa que cumple no verán e non hai clase!! Veu a súa nai a contarnos a súa historia coa que coñecimos un pouco máis a Izan, encántalle xogar  a pelexas co seu irmán Diego, tirarse polo chan, as motos... Moitas gracias e ata a próxima!!!



 

30.5.15

EMOCIONÓMETRO: AS PINZAS DAS EMOCIÓNS ( 4º EI )

 
A semana pasada descubrimos que El Monstruo de Colores en realidad era un conto, un único monstro que cambiaba de estado de ánimo, así que decidimos crear un emocionómetro para medir as nosas emocións de cada día colocando as nosas pinzas no lugar apropiado!!!
hipocampillo's pinzas album on Photobucket

22.5.15

ÚLTIMA DAS EMOCIÓNS: A CALMA ( 4º EI )

Aínda que xa traballamos a calma, a tranquilidade, aprendimos a relaxarnos... esta semana a palabra CALMA tivo máis relevancia, falamos e pensamos sobre o monstro verde, por que está tan tranquilo, cando nós estamos en calma, que facer para relaxarnos, cousas verdes que atopamos por clase...

 
hipocampillo's CALMA album on Photobucket

21.5.15

MIÑA ABUELA MANUELA ( 4º EI )


O día 15 celebramos todo o cole o Día das Letras Galegas,os cativiños máis pequerrechos do cole representamos a canción de Migallas Miña abuela Manuela, deixo o vídeo orixinal ata que remate de arranxar a actuación dos vosos peques!!!

PROTAGONISTA DA SEMANA: ANTÓN ( 4º EI )

Esta semana o protagonista foi Antón, e hoxe celebramos o seu aniversario pero de mentira, xa que ata o verán non terá 4 anos. Descubrimos un  montón de cousas sobre el, quere ser médico de animais, encántanlle as chuches, o entroido... e para esta festa non podían faltar os papás, que contaron a historia de Antón. Moitas gracias e ata a seguinte.





VISITA DAS GAITAS




Onte visítounos un grupo de gaitas e gozamos moito coas súas cancións. Ensináronnos cada un dos instrumentos, os diferentes tipos de bailes, cantaron... pasámolo en grande, estamos a desexar que volvan outro dia.

A PALABRA TEN VIDA

Con motivo da celebración das Letras Galegas 2015, este ano os alumnos e alumnos do CEIP Milladoiro grabamos un vídeo coa a canción A palabra ten vida do disco de Brinca Vai! de Paco Nogueiras. Esta no blogue da biblioteca e esperamos que vos guste, nós os fixemos con moita ilusión.




19.5.15

LETRAS GALEGAS ( 4º EI )

A semana pasada traballamos o seguinte poema de Xosé Filgueiras Valverde, homenaxeado o Día das Letras Galegas, e representámolo cuns debuxos:




  
  
 Este mes de MAIO




 é o mes das FLORES
    



 en que os PAXARIÑOS
  




nos mostran os seus AMORES

18.5.15

NOVA PROTAGONISTA: MARA ( 4º EI )

A semana pasada celebramos o aniversario de Mara, aínda que foi un tanto especial, xa que en verdade cumprirá 4 anos no verán, pero queríamos que tivera a súa semana de Protagonista. O papi leu un conto, escrito na casa pola familia, no libro viaxeiro que axudou a que coñeceramos máis a Mara, encantounos!! Moitas gracias por vir, e ata cando queirades!!




11.5.15

CIENTÍFICOS: CATAPULTAS ( 4º E I )

A semana pasada foi a semana da ciencia, e no cole habilitamos un aula para facer experimentos. O luns, Pablo apareceu cunha catapulta e comezamos a xogar, foi divertido ver como había cousas que voaban e outras non, así que xa tiñamos algo que investigar como científicos. O venres fomos á aula a investigar, que chegaría máis lonxe, bolas pequenas ou grandes, pesadas ou lixeiras...e xogamos coas catapultas a encestar distintos obxectos. Qué divertido!!!
hipocampillo's CATAPULTAS album on Photobucket

9.5.15

EMOCIÓNS: O MEDO ( 4º EI )

Esta semana aparecu un monstro novo, o monstro do MEDO, e como facemos con cada un que aparece no noso mural, falamos sobre o MEDO, sobre el, que lle pasará, por que, cando nos sentimos nós así, que podemos facer para axudalo, poñemos cara de medo, buscamos cousas na clase da mesma cor...
hipocampillo's miedo album on Photobucket

8.5.15

SEMANA DA CIENCIA

Esta semana dedicámola á ciencia e todas as clases acudimos ao laboratorio en diversos momentos. A clase das curuxas realizamos diferentes experimentos relacionados coa auga, descubrindo cousas tan interesantes como ca auga do mar é salgada e nela flotan os ovos, ca plastilina flota se ten forma de barco...
















PROXECTO DA PRAIA (5º E.I.)

Neste último trimestre estamos vendo moitas cousas relacionadas coa praia, gracias as familias que aportáronos moito material, dende unha gran diversidade de cunhcas, material de buceo, fotografía... aquí tedes un pequeno resumo en fotos.






NOVA PROTAGONISTA: BABEL ( 4º EI )

Esta semana tivemos una nova  protagonista: Babel, e celebramos que este domingo cumplirá xa 4 anos. Para a celebración do seu aniversario recibimos a visita da súa nai e de Pablo, que é como un padriño para ela, e contaron a historia escrita no libro viaxeiro, descubrimos cousas moi interesantes e comimos un montón. Moitas gracias!!!


4.5.15

EMOCIÓNS : A ALEGRÍA( 4º EI )

O luns da semana pasada apareceu un novo monstro no mural, esta vez era amarelo e tiña cara de contento, así que algún dixeron que era o monstro feliz, contentísimo... ata que o martes descubrimos  a palabra ALEGRÍA,  falamos por que estaba alegre o monstro, cando estamos alegres nós, sobre cousas amarelas,,,
hipocampillo's ALEGRIA album on Photobucket