27.9.12

A VENDIMA



Xa estamos no outono e como xa sabemos comeza a época de recoller as uvas, pisalas e tratar o seu zume para facer o viño. Como era de esperar tamén fixemos o noso propio "viño", esmagando a uva coas mans. E ademais, reciclamos un pouco de viño para pintar as uvas da ficha de arte.
Hai que ver como traballamos!!!

26.9.12

POR 1ª VEZ NO COLE!!



Por fin comezamos o cole!!!
Estamos entusiasmados por xogar, coñecernos e aprender a ser maiores.
E neste período de adaptación logramos os nosos obxectivos: xa non lle temos medo a vir ao cole nin a subir no bus, fixemos novos amigos/as, xogamos cos distintos rincóns da clase, coñecemos as rutinas e xa comezamos a traballar con fichas e xogos. Ademais fixamos unhas normas para a aula que xa comezamos a cumplir e coñecemos aos especialistas que nos acompañarán neste curso xunto co noso amigo Cuqui que fala en inglés e Parrulo Pepe.

QUÉ DIVERTIDO É O COLE!!!